Matt Stainbrook, un ano máis no Cafés Candelas Breogán

O equipo celeste contará unha nova tempada cun dos mellores «center» da categoría

Trala renovación de Sergi Quintela, chega o momento de “Big Matt” Staibrook. O «cinco» americano defenderá a celeste por segunda tempada consecutiva ás ordes de Natxo Lezkano, tras amosar a súa calidade como novato da categoría a pasada campaña, na que asinou 10,9 puntos e 6,8 rebotes e 15,4 puntos de valoración media nos 37 encontros nos que defendeu ao Cafés candelas no curso 2016/2017.

O Xogador de 2,08 m. nado en marzo do 92 en Ohio (USA), chegaba ao Cafés Candelas coa tempada en marcha a finais de outubro, e amosou unha grande capacidade de adaptación en tódolos aspectos, amosando un enorme compromiso no seu traballo cos preparadores do conxunto celeste para chagar a ser un dos mellores interiores da liga.

Carisma e calidade que o converteron nun dos xogadores máis, seguro, volverán apoñer en pe en moitas ocasións ao Pazo dos Deportes.

Benvido de novo Matt!

Matt Stainbrook, un ano máis no Cafés Candelas Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información