Máximus, campión da Batalla de Mascotas de LEB Oro e La Liga Sports TV

Compartir con

Volveuno facer. O león do Breo, co apoio da afección repetiu a xesta que xa protagonizara en ACB

Cun contundente 65% dos votos en Twitter e cun importante apoio en Instagram, o león do Leche Río Breogán fíxose co recoñecemento de mascota do ano en LEB Oro, un recoñecemento que xa lograra tamén na máxima categoría hai dúas tempadas.

Máximus superou a fase inicial, pasou a unha segunda rolda na que superou a Robi de Palencia Básquet e finalmente impúxose a San Jorgito, mascota do Cáceres, na final.

Unha divertida iniciativa que serviu unha vez máis para que Máximus buscara o sorriso dos internautas de tódalas idades amosando pezas do seu día a día en forma de vídeos e fotos que foron compartidas e comentadas amplamente polos afeccionados.

O propio Máximus, o que equipo que traballa con él e o club agradece a todos o apoio e promete seguir adiante con iniciativas que conten co león celeste como protagonista. #ForzaBreo

Máximus, campión da Batalla de Mascotas de LEB Oro e La Liga Sports TV

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información