Máximus gañou o corazón da Copa en Madrid

Compartir con

A mascota do Cafés Candelas Breogán venceu no concurso de Twitter "Baile de Mascotas" pero o seu paso polo evento non quedou aí

Grazas ao león celeste o Breogán estivo presente dun xeito diferente na Copa del Rey de Baloncesto 2018 celebrada en Madrid e co espectacular Wizink Center como escenario.

A viaxe á capital foi aproveitada para, ademais de gañar na súa final a PAM, mascota do Valencia Básket grazas á mobilización en twitter dos afeccionados celestes, gañar a simpatía de milleiros de afeccionados de todo o baloncesto nacional.

Ademais dos breoganistas desprazados á copa que se deixaban ver como pingas celestes na inmensidade do Winzink, Máximus compartiu momentos entrañables con seareiros do Real Madrid, Barcelona, Baskonia, Joventut, Estudiantes, Valencia Básket, Tenerife, Unicaja… e non so coa afeccións dos equipos participantes, xa que a Copa é un evento que transcende as cores e as procedencias e, por riba do apoio ao club propio, os afeccionados defenden a bandeira común do baloncesto.

A aventura de Máximus en Madrid foi documentada en redes sociais especialmente Twitter, a rede que leva documentando as súas  andanzas dende que comezou o concurso do Baile de Mascotas no que foi superando ás de Obradoiro, Tenerife, Gran Canaria e finalmente a finalista valenciana PAM.

E ADEMAIS...

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información