Máximus revalida o título de mellor mascota ACB

Compartir con

Máximus revalida o título de mellor mascota ACB

A mascota do Río Breogán Superou a Link na final disputada durante a Copa do Rei

Terceiro título para Máximus de campión de #BailedeMascotas proposto por ACB. O león celeste, que xa gañara en 2019 e 2022, superou na final á mascota do Casademont Zaragoza nunha rifada votación que contou con máis de 30.000 votos de afeccionados entre Twitter e Instagram. Finalmente, Máximus, saíu a pista nun descanso do Unicaja -Real Madrid para recoller o galardón tras fundirse nun abrazo co seu rival, cun deportivo intercambio de camisetas incluído.

Máximus aproveitou a tope a súa visita a Badalona e participou en múltiples actividades, e estivo presente na festa de afeccións na rúas da cidade, na “pachanga” de influencers, na “Jaula Movistar”, na Fanzone, e nas bancadas do Olimpic, participando do que foi unha auténtica festa do baloncesto. Unha experiencia inesquecible para Máxius e o seu equipo.

Parabén e grazas a todos polo apoio!

Máximus revalida o título de mellor mascota ACB

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información