Michael Fakuade, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

O equipo celeste incorpora ao xogador Michael Olayinka Fakuade, interior de 2,01 m. e 27 anos que militou a pasada campaña no Quesos Cerrato Palencia onde promediou 9,8 puntos e 6,2 rebotes por encontro en 30 partidos disputados.

Foto: Encancha
Foto: Encancha
Michael Fakuade, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

Fakuade é un xogador de potente físico con bos movementos de costas ao aro e boa man de media distancia, destacando tamén na súa capacidade de rebote e intimidación.

O xogador ten experiencia na liga onde xogou defendendo as cores de Lleida ( na campaña 2014/2015 asinando 7,2 puntos, 5,2 rebotes de media) e Palencia (9,8 puntos e 6,2 rebotes).

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información