Miguel Ángel Ortega, Juanjo Bernabé e Quique Fraga, poñentes no clinic organizado polo Breo

O adestrador campión de Liga Feminina, o Perfumerías Avenida Salamanca, o ex base e axente FIBA, e o adestrador axudante do Cafés Candelas, falarán de baloncesto no Pazo

O Club Baloncesto Breogán organiza, con motivo do seu 50 aniversario, un Clinic de Baloncesto dirixido a monitores, adestradores, profesores de Educación Física, árbitros, xogadores, pero tamén aberto a todos aqueles que teñan inquedanza por saber algo máis do que se esconde na trastenda dos adestramentos, nunha xornada de formación que terá lugar o vindeiro día 17 de xuño no Pazo Provincial dos Deportes.

PROGRAMA:

16:00 horas identificación e presentación.

16:15 horas Juanjo Bernabé (Ex xogador profesional, Axente FIBA You First Sports) " O base: ¿aliado ou inimigo?"

18:00 horas Quique Fraga (Segundo adestrador do Cafés Candelas Breogán) cunha charla titulada "O Scouting do Segundo Adestrador"

19:15 horas Miguel Angel Ortega (Adestrador do Perfumerías Avenida Salamanca, Campión de LF 2016/17) "Do scouting ao liderado defensivo no xogo do base"

A entrada será de balde, sendo precisa, unicamente, unha inscrición previa, online, no formulario DESTE ENLACE

A Aula  Formativa do Adestrador Galego convalida aos alumnos dos cursos de adestradores FGB que participen nesta Aula  que poderán validar a súa asistencia por un total de oito horas de formación complementaria e un CETI.

Esta actividade enmárcase dentro do plan de patrocinio da Deputación de Lugo co CB Breogán SAD

Miguel Ángel Ortega, Juanjo Bernabé e Quique Fraga, poñentes no clinic organizado polo Breo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información