Miguel Giao recibiu a homenaxe do Pazo

Compartir con

Enorme a ovación que soou no descanso do partido da pasada xornada na que o Cafés Candelas recibiu a Peñas Huesca. Un partido entre históricos no que se homenaxeou a unha persoa que é parte vital dos 50 anos de Breogán.

 

Miguel Giao recibiu a homenaxe do Pazo

O Dr. Miguel Giao, que foi durante a metade da historia celeste médico do club, e segue a ser «un dos nosos» recibiu emocionado o aplauso unánime da grada e unha placa de agradecemento por a súa entrega durante tantos anos.

O speaker, José Areñas, resumía asi o que Miguel Giao significa para o Breogán:

«NADA MENOS QUE 25 ANOS COIDANDO DA SAUDE DO NOSO EQUIPO… MILLEIROS DE HISTORIAS QUE PODE CONTAR, UN HOME QUE FOI, É E SERÁ BREOGÁN EN ESTADO PURO… UN MÉDICO, UN AMIGO, UN DOS NOSOS… HOXE, COMO PARTE IMPORTATE DOS 50 ANOS DE BREO, QUEREMOS HOMENAXEAR E DAR AS GRAZAS DENDE O CORAZÓN CELESTE AO DOUTOR MIGUEL GIAO!!

GRAZAS DOC!! »

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información