Morayo Soluade, físico xuventude e talento para o xogo exterior do Leite Río Breogán

Compartir con

Morayo Soluade, físico xuventude e talento para o xogo exterior do Leite Río Breogán

Chega ao equipo celeste o base británico de 1,96 m. formado na canteira de Unicaja Málaga

Morayoninuoluwa Chukwemeka Soluade é un base de 24 anos internacional británico que conta con ampla experiencia en España,a tanto en ligas FEB como en ACB.

«Mo» Soluade é un base de gran envergadura, rápido e atlético, cun físico que lle permite defender a todo tipo de xogadores exteriores, e finalizar en ataque tanto con lanzamento exterior como en penetración con bandexa ou mate, e mesmo pode ocupar a posición de escolta.

Procedente de Polonia onde xogou a pasada tempada, Soluade formouse na canteira de Unicaja Málaga dende a que foi gañando protagonismo en LEB da man do vencellado Clínicas Rincón na campaña 2013-14, o que le permitiu debutar na 2014-2015 co Unicaja en Liga Endesa e Euroliga.

En xaneiro de 2016 foi reclutado polo GBC de ACB no que xogou dende xaneiro de 2016 ata final desa tempada.

Na campaña 2016-2017 chega ao Burgos de Diego Epifanio actual adestrador breoganista, onde acada o ascenso a Liga Endesa achegando 6,8 puntos, 3 rebotes e case tres asistencias por partido en 19 minutos sobre a pista.

Tras un regreso a Málaga na tempada 2017-18 na que xoga en ACB, Supercopa Endesa e Euroliga, marcha a Polonia onde xoga no Varsovia na tempada 2018-19 onde promediou 7,2 puntos por partido con 3 ,3 asistencias e 3 rebotes de media por partido. A súa capacidade atlética permitiulle gañar o concurso de mates celebrado pola liga polaca.

Benvido ao Breo!

TRAXECTORIA

2011-12. Unicaja. Junior.

2012-13. Unicaja. Junior.

2013-14. Instituto de Fertilidad Clínicas Rincón. LEB. Combina co Unicaja de EBA

2014-15. Instituto de Fertilidad Clínicas Rincón. LEB Oro. Disputa 5 partidos con Unicaja en Liga Endesa e 4 en Euroliga

2015-16. Instituto de Fertilidad Clínicas Rincón. LEB Plata. Ata xaneiro.

Xaneiro 2016. RETAbet.es GBC. Liga Endesa.

2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro.

2017-18. Unicaja. Liga Endesa, Supercopa Endesa e Euroliga.

2018-2019. Legia Varsovia. Polonia

PALMARÉS

2011. Inglaterra. Europeo Sub16 División B, en Strumica (Macedonia). Prata

2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. Copa Princesa. Subcampión

2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro. Campión Playoff e ascenso

INTERNACIONALIDADE:

2010. Inglaterra. Europeo Sub16 División B, en Tallinn (Estonia).

2011. Inglaterra. Europeo Sub16 División B, en Strumica (Macedonia). Prata

2013. Inglaterra. Europeo Sub18, en Letonia.

2015. Gran Bretaña. Europeo Sub20, en Lignano Sabbiadoro (Italia).

Jun. 2018. Gran Bretaña. Fase de clasificación Copa do Mundo 2019

Morayo Soluade, físico xuventude e talento para o xogo exterior do Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información