Movistar+ e Gol TV , Facebook e Youtube retransmitirán o Circuito de pretempada no que estará o Cafés Candelas Breogán

Compartir con

Movistar+ e Gol TV , Facebook e Youtube retransmitirán o Circuito de pretempada no que estará o Cafés Candelas Breogán

Os celestes xogarán o 8 e o 9 de setembro ante Kirolbet Baskonia e Delteco GBC

O Circuíto de Pretempada Movistar poderase ver integramente e en directo en Movistar+. Ademais, GOL retransmitirá en directo dez encontros desta edición. Ademais, as contas oficiais de Facebook e Youtube de Liga Endesa emitirán tódolos encontros.

En total, serán 18 os partidos que se disputarán a partires do vindeiro domingo 2 de setembro en tres sedes distintas: Guadalaxara (2-4 setembro), Tarragona (7-9 setembro) e Oviedo (14-16 setembro).

Movistar+ inicia as retransmisións da tempada 2018-19 coa emisión, en directo e de maneira íntegra, do «Circuíto de Pretemporada Movistar».

O vindeiro domingo 2 de setembro arrinca en Guadalaxara o primeiro dos tres torneos desta edición. Alí, seis equipos da liga Endesa presentarán ao público as súas grandes novidades antes da estrea en competición oficial. De todo iso non perderán detalle as cámaras de Movistar+. Pola súa banda, a canle de TDT GOL retransmitirá tamén en directo ata dez partidos desta edición do Circuíto, empezando polo Movistar Estudantes-Unicaja deste próximo domingo 2 ás 19:00 h. O torneo da cidade alcarreña (2-4 de setembro) será o primeiro dos tres programados para este mes, seguido polos de Tarragona (7-9 de setembro) e Oviedo (14-16 de setembro). En total disputaranse 18 partidos que involucrarán a quince equipos diferentes da liga Endesa e dous conxuntos convidados ( Partizan de Belgrado e Obras Sanitarias).

 

Lembramos os horarios, enfrontamentos e retransmisións televisivas de cada torneo:

 

Guadalaxara (2-4 de setembro)

Domingo 2 de setembro

17:00     Montakit Fuenlabrada - Monbus Obradoiro (Movistar Deportes 1)

19:30     Movistar Estudiantes – Unicaja (Movistar Deportes 1 e GOL Televisión)

 

Luns 3 de setembro

18:00     Monbus Obradoiro - UCAM Murcia (Movistar Deportes 1 e GOL Televisión)

20:30     San Pablo Burgos – Unicaja (Movistar Deportes 1)

 

Martes 4 de setembro

18:00     Montakit Fuenlabrada - UCAM Murcia (Movistar Deportes 1 e GOL Televisión)

20:30     Movistar Estudiantes - San Pablo Burgos (Movistar Deportes 1)

 

Tarragona (7-9 setembro)

Venres 7 de setembro

18:30     Tecnyconta Zaragoza - Iberostar Tenerife (Movistar+ e GOL Televisión)

21:00     Cafés Candelas Breogán - KIROLBET Baskonia (Movistar+, Facebook e Youtube)

 

Sábado 8 de setembro

18:00     Tecnyconta Zaragoza - Partizan Belgrado (Movistar+)

20:30     Cafés Candelas Breogán - Delteco GBC (Movistar+ , GOL Televisión, Facebook e Youtube)

 

Domingo 9 de setembro

17:00     Delteco GBC - KIROLBET Baskonia (Movistar+)

19:15     Iberostar Tenerife - Partizan Belgrado (Movistar+ e GOL Televisión)

 

Oviedo (14-16 de setembro)

Venres 14 de setembro

19:00 Obras Sanitarias - UCAM Murcia (Movistar+ e GOL Televisión)

21:00 Herbalife Gran Canaria - BAXI Manresa (Movistar+ e GOL Televisión)

Sábado 15 de setembro

17:00 Divina Seguros Joventut - UCAM Murcia (Movistar+ e GOL Televisión)

19:15 Valencia Basket - BAXI Manresa (Movistar+ e GOL Televisión)

Domingo 16 de setembro

17:00 Obras Sanitarias - Divina Seguros Joventut (Movistar+)

19:30 Valencia Basket Club - Herbalife Gran Canaria (Movistar+)

 

A canle "Movistar+" pódese ver na plataforma audiovisual Movistar ou ben en streaming pola súa canle online.

A canle "Gol" pódese seguir en aberto en TDT e nas plataformas "Movistar" , "R", "Orange TV" entre outras.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información