Na procura de sorrisos entre os nenos ingresados no HULA

Compartir con

O Cafés Candelas visitou a área de pediatría do Hospital Universitario Lucus Augusti

Na procura de sorrisos entre os nenos ingresados no HULA

Os xogadores Sergi Quintela, Rafa Huertas, Iván Cruz e o técnico Quique Fraga pasaron pola planta onde se atopan ingresados os nenos e nenas de pediatría. Alí pasaron parte dunha mañá onde saudaron e animaron a pais e pequenos, deixaron un pequeno agasallo e acadaron debuxar un sorriso nas facianas de nenos e familiares. Tamén saudaron ao persoal  con quen tiveron oportunidade de charlar uns minutos.

Na procura de sorrisos entre os nenos ingresados no HULA

O equipo xa realizou a súa tradicional visita esta tempada en datas de Nadal, pero quixo repetir pensando naqueles nenos que, por causas diversas, non poderán gozar das vacacións de Semana Santa, desexáronlles unha pronta recuperación entregándolle cadanseu  pequeno balón de baloncesto e encargándolles estrealo cando chegue unha máis que segura e pronta recuperación.

Grazas ao persoal do HULA polo recibimento e polo seu traballo. Fan un grandísimo equipo!

Na procura de sorrisos entre os nenos ingresados no HULA
Na procura de sorrisos entre os nenos ingresados no HULA

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información