Natxo Lezkano e Juan Fernández coñeceron a Casa dos Mosaicos

Compartir con

O técnico e o xogador do Cafés Candelas ofreceron a rolda de prensa neste espazo único.

A Casa dos Mosaicos  de Lugo ofrece ao visitante a sensación inigualable de viaxar no tempo á época do Imperio Romano e o seu esplendor en Lucus Augusti. O espazo, sutuado na rúa Doutor Castro, en pleno casco histórico da cidade. É un espazo  musealizado in situ no que se observan os restos dunha domus romana de finais do S. III ou principios do IV. Espectaculares mosaicos, pinturas murais e parte da estrutura dunha vivenda dalgún persoeiro poderoso da época, dada a súa riqueza ornamental e arquitectónica, que a dota incluso dun sistema de calefacción avanzado para a súa época (hipocaustum).

Natxo Lezkano e Juan Fernández coñeceron a Casa dos Mosaicos

Lobito Fernández e Natxo Lezkano asistiron tamén á proxección dun vídeo documental que fai un repaso da historia da cidade, e reproduce o que a vivenda  na que se centra a Casa dos Mosaicos, representou no Lugo romano.. Unha visita moi recomendable para coñecer mellor a cidade de Lugo e a nosa historia.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Natxo Lezkano e Juan Fernández coñeceron a Casa dos Mosaicos
Natxo Lezkano e Juan Fernández coñeceron a Casa dos Mosaicos
Natxo Lezkano e Juan Fernández coñeceron a Casa dos Mosaicos

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información