Natxo Lezkano, novo adestrador do Cafés Candelas Breogán

O técnico Ignacio Lezkano Moya (17 de octubre de 1972, Portugalete, Vizcaya) será o encargado de dirixir o Cafés Candelas Breogán na tempada 2016/2017 tras alcanzar un principio de acordo coa entidade celeste.

Natxo Lezkano, novo adestrador do Cafés Candelas Breogán

Lezkano conta cunha ampla experiencia tanto en competición nacional coma internacional, destacando a súa traxectoria á fronte do Palencia Baloncesto, equipo que medrou de xeito significativo coa súa dirección dende LEB Plata ata ser unhas das referencias en LEB Oro nas últimas campañas.

Lezkano regresará así á Liga LEB tras un paso por Venezuela onde dirixiu a Toros de Aragua (LBP).

Si todo avanza segundo o previsto, o novo técnico celeste será presentado nos vindeiros días e comezará a traballar de inmediato para dar forma ao equipo celeste de cara a nova tempada e contará, como foi confirmado xa, con Quique Fraga como adestrador asistente.

 

Natxo Lezkano Breogan.pdf

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información