Nemanja Nenadic, novo xogador do Río Breogán

Compartir con

O aleiro serbio de 1,97m. e 28 anos achegará puntos, experiencia e carácter ao xogo exterior do equipo

O Río Breogán chegou a un acordo para a incorporación de Nemanja Nenadic, que apasada tempada promediou 16,6 puntos, 3,8 rebotes e 4,3 asistencias na liga polaca e 16,6 puntos e 4,3 asistencias na VTB United League co Zastal Zielona.

Nenadic é un aleiro con gran talento anotador, un xogador versátil e afeito a asumir responsabilidades dentro do xogo do equipo.

Nado en Belgrado (2 de xaneiro de 1994), Nenadic formouse no KK Slodes e formou parte de varios equipos da liga do seu pais ( Tamis, Zemun, KK Pirot, Sbrijagas, Dunav, FMP, Estrela Vermella).

A pasada tempada desembarcou no Zastal Zielona Gora da liga polaca onde destacou pola súa capacidade para anotar e xerar xogo con balón ademais de por a súa achega no rebote.

Benvido ao Río Breogán!

Nemanja Nenadic, novo xogador do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información