Norel e Arco visitaron COGAMI Lugo

Compartir con

Norel e Arco visitaron COGAMI Lugo

Os xogadores coñeceron as instalacións do centro de día e charlaron cos usuarios

Entre os usuarios e empregados de COGAMI hai moitos afeccionados que non fallan no Pazo para animar ao Cafés Candelas Breogán. Por iso, o Cafés Candelas quixo devolver e agradecelo cunha visita na que os xogadores Salva Arco e Henk Norel coñeceron o centro e mantiveron un amplo encontro cos usuarios, que como bos afeccionados, non tiveron reparos en interrogalos sobre temas tan diversos como o seu día a día como deportistas, e sobre a actualidade sobre as carencias e puntos fortes do equipo.

Agradecemos a usuarios e persoal COGAMI o recibimento e contamos con todos no Pazo nos próximos partidos.

Norel e Arco visitaron COGAMI Lugo

COGAMI traballa para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas

O Breogán colabora para achegar a colectivos e asociacións como COGAMI ao deporte e colabora en tódalas actividades propostas. Esta actividade encádrase no patrocinio da Deputación de Lugo co Breogán que contempla o traballo con entidades de interese social.

Norel e Arco visitaron COGAMI Lugo
Norel e Arco visitaron COGAMI Lugo
Norel e Arco visitaron COGAMI Lugo
Norel e Arco visitaron COGAMI Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información