Nova estrutura na dirección do CB Breogán

Compartir con

O Presidente anunciou a incorporación de novos conselleiros e de Tito Díaz como Director Xeral Executivo

Como comunicara durante a semana o Presidente compareceu para explicar a actualidade que pasa pola entrada de dous conselleiros no Consello de Administración celeste: José Antonio Caneda e Javier Morandeira, que foi xerente durante as últimas tempadas e que deu o paso de entrar no consello o que o obriga a deixar o seu cargo desenvolvido ata a data por normativa legal.

Unha das novidades importantes e a continuidade de Tito Díaz no club pero coa labor de Director Xeral con capacidade executiva e que coordinará tódalas áreas do club apoiándose, como confirmou en rolda de prensa, nos actuais profesionais da sociedade.

Durante as videiras datas avanzarase na contratación dun adestrador, a confección do equipo e en temas importantes como a campaña de abonados.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información