Nova semana e novo reto coa mente posta en Oviedo

Compartir con

O Leite Río Breogán visita Pumarín o sábado 25 de xaneiro (18:30h.)

O Leite Río Breogán reencontrouse coa vitoria a pasada xornada vencendo con claridade a TAU Castelló (87-69) e colócase cuarto clasificado.

O Rival do sábado, Liberbank Oviedo Baloncesto, caeu na última xornada na súa visita a Palma (83-76) e marcha na décimo sexta posición con 5 vitorias. O equipo está dirixido polo que fora xogador do Breogán Javi Rodríguez. No equipo asturiano militan os excelestes Devin Wright, Sergio Llorente, Óliver Arteaga e Álex Reyes.

O Equipo celeste non estará só, como é habitual nas visitas a Pumarín. As cen entradas dispostas polo club asturiano foron reservadas polos seareiros celestes días atrás en só uns minutos.

Nova semana e novo reto coa mente posta en Oviedo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información