Noventa mil litros de solidariedade

Compartir con

Noventa mil litros de solidariedade

Leche Río súmase á solidariedade da afección breoganista e entrega ao Banco de Alimentos a cantidade equivalente, en leite, ao cedido polos aboados do Leite Río Breogán dos abonos da pasada tempada

Leche Río cumpre así o seu compromiso de sumarse á habitual solidariedade da Marea Celeste. Foron 2.700 os aboados que decidiron deixar a parte proporcional do seu abono no club, pertencente aos partidos non disputados. O xesto da empresa láctea duplicou o valor solidario da doazón que adquire así unha gran dimensión social que se traduce na entrega de 90.000 litros de leite para familias desfavorecidas.

Así o anunciaron na sede de Leche Río a CEO do grupo lácteo, Carmen Lence, a presidenta do banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez, e o director xeral do CB Breogán, Tito Díaz, acompañados polo conselleiro do Grupo Leche Río, Jesús García, o vicepresidente do CB Breogán, Narciso Fernández, o adestrador Diego Epifanio e os xogadores lucenses do Leite Río Breogán Mateo Sánchez, Sergi Quintela, Erik Quintela e Seydou Aboubacar.

Tito Díaz agradeceu a solidariedade dos aboados do Breogán que permitiron co seu xesto manter a actividade do club nas mellores condicións a pesar da crise global, deu as grazas a Amadora Núñez pola labor da entidade que preside, e a Carmen Lence polo compromiso empresarial que axudará a aliviar o día a día de moitas familias.

Amadora Núñez tamén deu as grazas a Breogán e Leite Río, e recalcou a figura do fundador de Leite Río, o falecido Jesús Lence, como impulsor do Banco de Alimentos en Lugo dende a súa fundación.

Noventa mil litros de solidariedade

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información