O Cafés Candelas Breogán, líder tamén en solidariedade

Nunha fin de semana importante no deportivo, non faltaron as vitorias no eido máis humano

O Cafés Candelas Breogán, líder tamén en solidariedade

O mesmo día do partido pola mañá, Salva Arco presentaba en rolda de prensa, acompañado polo capitán do TAU Castelló, Chema García, o seu proxecto 100x100 co síndrome MESF2C. una rara doenza que sofren moi poucos nenos en España e o seu coñecemento de primeira man do caso da familia de Celia, unha pequena de Castelló que estiveron presentes na rolda de prensa e posteriormente no partido, fixo que tomara como propio o reto de recadar fondos para avanzar nunha investigación que levará á cura de Celia e outros nenos no seu  mesmo caso.

O proxecto consiste en atopar a 100 deportistas, entidades ou persoas relacionadas co deporte, que merquen 100 pulseiras solidarias, o que daría unha recadación de 20.000€, clave para avanzar na procura dunha solución para o MES2C.

O CB Breogán, representado polo presidente Jesús Lázare, foi a primeira entidade como tal en sumarse ao proxecto que, seguro, atopará moitos apoios como merece.

Máis información na web asociacoionmef2c.com

O Cafés Candelas Breogán, líder tamén en solidariedade

CRUZ VERMELLA

A mesma fin de semana, o Breogán enviaba a Sarria, unha camiseta asinada por todo o plantel e entradas para o sorteo da gala anual de Cruz Vermella na localidade lucense. O Breogán leva moitos anos colaborando con Cruz Vermella e atentos ás súas iniciativas en favor da sociedade. Nestes momentos, a institución está en plena campaña de procura de voluntariado a moitos niveis, algo fundamental para atender a tódalas necesidades que cubren entre os máis desafavorecidos e en situacións de emerxencias.

O Cafés Candelas Breogán, líder tamén en solidariedade
O Cafés Candelas Breogán, líder tamén en solidariedade

Os interesados no voluntariado de Cruz Vermella poden informarse NESTE ENLACE

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información