O amigable deste sábado xogarase a porta pechada no Pazo

Compartir con

O encontro poderá seguirse íntegro e en directo por streaming

Debido á situación sanitaria e de restricións de aforo que atinxe ao concello de Lugo, co fin de evitar riscos innecesarios, o encontro amigable de pretempada deste sábado 26 de setembro (19:00 horas) ante Real Valladolid celebrarase sen público na grada.

O club segue a traballar coa expectativa de que mellore a situación sanitaria, para que de cara aos partidos oficiais, poidan asistir o maior número de afeccionados con tódalas medidas de seguridade e hixiene.

Desde o noso club queremos agradecer a tódolos afeccionados do Leite Río Breogán e do Real Valladolid o interese amosado durante os últimos días e que facía prever unha boa entrada no Pazo en circunstancias normais. Para compensar dalgún xeito ese interese das afeccións, o partido poderase ver íntegro e en directo por Internet vía streaming.

Agradecemos a todos a comprensión ante a situación que estamos a vivir.

O amigable deste sábado xogarase a porta pechada no Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información