Sergi García incorpórase ao Río Breogán

Compartir con

O base balear (1,93 e 25 anos) vestirá a camiseta celeste na tempada 2022/2023

Sergi García Calvo (Palma de Mallorca, 17 de febreiro de 1997) reforzará ao Río Breogán no posto de base. O novo xogador celeste conta con experiencia en Liga Endesa (Zaragoza, Valencia, Manresa, Baskonia, Andorra e Gran Canaria), cun paso pola liga alemá ( SC Rasta Vechta).

Formado no Club Sant Josep Obrer de Palma, García debutou en Liga Endesa con só 16 anos da man do CAI Zaragoza.

Internacional con España en todas as categorías de formación, tamén participou en convocatorias das Ventás FIBA co combinado absoluto.

Sergi García formou parte do Gran Canaria (Liga Endesa) na pasada tempada.

O novo xogador do Río Breogán é un base zurdo, rápido, con envergadura física que lle permite ser polivalente e poder defender en todas as posicións exteriores e conta con gran capacidade de dirección.

Benvido ao Río Breogán!

Sergi García incorpórase ao Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información