O Breo acusa a falta de rodaxe e cae no Pazo

Compartir con

Os celestes foron superados polo Divina Joventut nun partido igualado

O Breo acusa a falta de rodaxe e cae no Pazo

O Divina Seguros Joventut sumou a súa terceira vitoria da tempada, segunda a domicilio, na súa visita ao Cafés Candelas Breogán no partido aprazado da primeira xornada da Liga Endesa.

Os lucenses, nos que destacaron Gerun con 20 de valoración e Cvetkovic con 14 puntos, mantiveran o tipo nos tres primeiros actos, moi igualados, con máis minutos en vantaxe que o seu rival, ata que Laprovittola (13 puntos, 16 de valoración), coa axuda de Morgan (16 puntos), guiou aos seus ao triunfo. O Breogán, que encaixou a súa cuarta derrota, primeira no Pazo, bautizou o choque co Joventut como o "partido máis longo" despois de que tivese que ser aprazado en setembro, sen que chegase a comezar, por un fallo técnico no Pazo dous Deportes.

Cafés Candelas Breogán (28+11+19+11): Cvetkovic (14), Kinsey (10), Brown (2), Redivo (3), Gerun (13) -cinco inicial-, Christian Díaz (4), Belemene (2), Löfberg (0), Vidal (12) e Sulejmanovic (9).

Divina Seguros Joventut (23+18+15+20): Morgan (16), López-Arostegui (7), Laprovittola (13), Bieschaar (0), Ventura (7) -cinco inicial-, Birgander (6), Dawson (7), Todorovic (4), Nogués (4), Dimitrijevic (12),

Árbitros: Hierrezuelo, Martínez Fernández e González Gálvez. Eliminaron a Dawson (min.37), do Joventut.

Incidencias: Partido aprazado da primeira xornada de la Liga Endesa disputado no Pazo dos Deportes de Lugo ante 4.083 aficionados.

O encontro foi dedicado, dentro do acordo de patrocinio da Deputación de Lugo co CB Breogán, á promoción das «Terras de Lugo» e os seus valores etnográficos, turísticos, patrimoniais e gastronómicos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información