O Breo levou a Copa Princesa ao patrocinador Cafés Candelas

Compartir con

O Breo levou a Copa Princesa ao patrocinador Cafés Candelas

O equipo almorzou na sede da empresa e agradeceu o apoio do seu patrocinador, compañeiro de camiño nos bos e malos momentos nas últimas tempadas e con quen queremos compartir os éxitos!

O Breogán prepara xa na pista a cita do venres en Cáceres, pero aproveitou a mañá de descanso deste mércores para ofrecer a Copa Princesa ao seu patrocinador Cafés candelas.

O equipo ao completo co presidente á cabeza, foron convidados a un almorzou nas instalacións de Cafés Candelas no Polígono Industrial de O Ceao en Lugo. Alí estiveron acompañados polos xerentes da empresa que felicitaron ao equipo e lles desexaron o mellor no que queda de tempada.

Durante o almorzo, proxectouse na sala un resumo do que foi a espectacular final na que o Cafés Candelas Breogán se proclamou campión, e os asistentes comentaron os mellores momentos dun encontro inesquecible.

Agradecemos a Cafés Candelas todo o apoio e expresamos a nosa satisfacción por poder ofrecerlle este éxito do que son parte fundamental. Agardamos poder volver moi pronto ma celebrar a consecución de retos que superaremos xuntos. Grazas!

O Breo levou a Copa Princesa ao patrocinador Cafés Candelas
O Breo levou a Copa Princesa ao patrocinador Cafés Candelas
O Breo levou a Copa Princesa ao patrocinador Cafés Candelas
O Breo levou a Copa Princesa ao patrocinador Cafés Candelas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información