O Breo mantense invicto tras once partidos

Vitoria ante Palma no Pazo (93-80)

Con sete xogadores por riba dos 10 puntos e un xogo brillante por momentos, o Cafés Candelas superou con claridade ao Palma  no Pazo.

Tres cuartos impecables e o último no que os celestes baixaron o nivel de intensidade e no que o Palma aproveitou para maquillar un resultado que chegou a reflectir 36 puntos de vantaxe para o Breo.

O Breo mantense invicto tras once partidos

Guille Rubio con 14puntos,  5 rebotes e 3 asistencias;Leo Demetrio  con 13 puntos e 7 rebotes, Ricardo Úriz con 11 puntos,  2 rebotes e 5 asistencias; Stainbrook con 12puntos, Fuzro con 11 e Christian Díaz e Sergi Quintela con 10, foron os mais destacados.

Dejan Cigoja con 5 puntos, 2 rebotes e 1 recuperación xogou oseu último partido co Cafés Candelas ao  cegar ao final do seu contrato temporal co conxunto celeste. Natxo Lezkano valorou moi positivamente a súa achega durante as semanas nas que formou parte do equipo.

Sulejmanovic non xogou tras chegar cun proceso vírico da súa experiencia internacional na ventá FIBA.

Os celestes xogarán o seu vindeiro  partido o domingo en Huesca (12:15 horas).

O Breo mantense invicto tras once partidos
O Breo mantense invicto tras once partidos
O Breo mantense invicto tras once partidos

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información