O Breo non adestrará no Pazo durante as próximas semanas

Compartir con

Os xogadores seguirán as indicacións do equipo médico e un plan de traballo físico individualizado en domicilio

Ante o peche de pavillóns deportivos decretado pola Xunta de Galicia para as próximas dúas semanas, que se suma ao peche preventivo para o público que acordou previamente a Deputación de Lugo, propietaria do Pazo dous Deportes, o CB Breogán SAD paraliza a actividade conxunta do seu equipo durante o devandito período de tempo.

Os xogadores seguirán o plan individualizado de mantemento físico proporcionado polo preparador físico do club, Jaime Capellá, e acatarán as normas básicas de seguridade médica xa transmitidas por parte do médico da entidade, o Dr. Luís Coira.

O club súmase así a colaborar na responsabilidade que por parte de todos supón o poder superar o máis axiña posible a situación actual.

Desde o C.B. Breogán seguiremos informando ante calquera novidade que se poida producir.

C.B. Breogán S.A.D.

O Breo non adestrará no Pazo durante as próximas semanas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información