O Breo participou nunha sesión moi especial con Capaces Lugo

Norel e Máximus participaron nunha sesión de psicomotricidade con nenos con autismo

CAPACES LUGO é unha asociación sen ánimo de lucro creada para apoiar ás persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA), e trastornos da comunicación. Os elenco de profesionais cos que conta traballan día a día para atender as necesidades persoais das persoas con algún trastorno do espectro autista, especialmente nenos e adolescentes.

O Breo participou nunha sesión moi especial con Capaces Lugo

O Breogán quixo compartir con CAPACES unha tarde na que desenvolveron a súa aula semanal de psicomotricidade para reforzar aspectos como as habilidades de comunicación, as relación interpersoais e o coñecemento e interacción co entorno e con outras persoas.

Alí estiveron Henk Norel e Maximus, que colaboraron coa monitora nun divertido circuíto de habilidades nos que tamén participaron menos externos á asociación no que foi unha tarde especial de integración e diversión.

Agradecemos a CAPACES Lugo o seu traballo e o recibimento por parte dos menos e nenas e as súas familias.

 

O Breo participou nunha sesión moi especial con Capaces Lugo

Esta actividade entra dentro do programa de patrocinio da Deputación de Lugo co Breogán que contempla a colaboración e divulgación das actividades de diversos colectivos de interese social.

O Breo participou nunha sesión moi especial con Capaces Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información