O Breo tira de «Actitude Río» para gañar en Palma

Compartir con

O Breo tira de «Actitude Río» para gañar en Palma

O equipo celeste, que tirou o seu primeiro tiro libre tras 35 minutos de partido, soubo sufrir ante un bo Palma

Uns impecables minutos finais de Larsen, que non perdoou cando o equipo puido acudir ao tiro libre tras uns interminables 35 minutos de xogo sen facelo, deron a vitoria en Son Moix ao Río Breogán. O equipo lucense dominou nos primeiros minutos do partido, pero as perdas de balón facilitaron o o Palma Alma Mediterránea equilibrase o partido levándoo a un final de infarto. A cabeza fría de Larsen e a capacidade de sufrir de todo o equipo, tiveron premio e o Río Breogán destácase como líder na clasificación cun balance de 9 vitorias e 1 derrota no grupo de ascenso.

Larsen con 21 puntos, 5 rebotes e 3 asistencias (32 de valoración), foi o mellor do partido, ben acompañado de Kacinas (11 puntos e 7 rebotes), Iván Cruz (10 puntos, 8 rebotes) e Sergi Quintela (13 puntos e 5 asistencias).

O equipo lucense disputa o seu segundo partido consecutivo lonxe do Pazo o mércores 31 en Alacante.

O Breo tira de «Actitude Río» para gañar en Palma
O Breo tira de «Actitude Río» para gañar en Palma
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin
Fotos bahiasanagustin

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información