O Breo, TOP 9 en Europa en interacción en Twitter en xullo

As contas en redes sociais celestes seguen batendo récords

A plataforma Deportes&Finanzas, especializada entre outros temas, en estudo estatístico, económico e  socialmedia no deporte mundial, publicou un ranking (TOP 20) de interacción en contas oficiais de Twitter dos clubs de baloncesto europeo no mes de xullo. A lista, liderada polo Fenerbahçe con unha impresionante cifra de 89.500 interaccións, continúa con algún dos equipos máis potentes do continente como o Real Madrid (33.000), o Galatasaray (23.400), o Panathinaikos (14.200), o FC Barcelona (13.800), Baskonia (10.900), Valencia Básquet (9.740) e Estrella Roja de Belgrado (9.720 ).

No noveno posto aparece o Cafés Candelas Breogán con 9.050 interaccións. O equipo galego conta con unha audiencia moi activa que ven demostrando cada día o interese polo baloncesto e por todo o que acontece arredor do seu equipo.

Sen dúbida o mes de xullo foi moi importante para a historia recente do Breogán. Nese més, a conta oficial emitiu 133 chíos.

A confirmación do ingreso do club en ACB tras tódalas xestións, a campaña de aboados, as renovación de héroes do ascenso como Ricardo Úriz, Sulejmanovic ou Löfberg;  a emotiva despedida de Stainbrook, o nomeamento de Quique Fraga como Director Deportivo, e a fichaxe de Óscar Lata como axudante; o anuncio da chegada de Herun, Norel e Alec Brown, entre outros temas, completaron un mes frenético en canto a información e en resposta nas redes por parte dos seguidores.

Ademais dunha impresionante cifra de interacción, xullo deixou unha subida de 151 seguidores, 2.392 mencións, máis de 711.000 impresións e 52.000 visitas ao perfil oficial.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información