O Breogán afronta o futuro con «ACTITUDE RÍO»

Compartir con

O Breogán afronta o futuro con «ACTITUDE RÍO»

O equipo e a CEO de Leche Río, Carmen Lence, presentaron a nova denominación do equipo que pasa a chamarse RÍO BREOGÁN e súmase á  filosofía de esforzo e superación que simboliza o lema ACTITUDE RÍO

• A CEO de Leite Rio, Carmen Lence, e os xogadores do club fixéronse hoxe a foto de familia co seu novo equipamento “Río Breogán”

• O equipo deportivo e a compañía láctea comparten os valores de esforzo, sacrificio e superación grazas aos que, aseguran, “é posible superar os obstáculos”

Lugo, 24 de marzo de 2021.- O club lucense de baloncesto súmase ao lema “Actitude Río” do seu patrocinador e máximo accionista, que enxalza o esforzo, o espírito de superación e o traballo en equipo, valores que o equipo celeste ha mostrado en toda a súa traxectoria e que comparte coa empresa láctea galega, tal e como demostrou nas súas máis de 50 anos de historia.

Río de Galicia é o patrocinador que pon nome ao equipo celeste e que leva percorrendo o camiño xunto ao Breogán desde hai décadas e apoiándoo co seu patrocinio desde o ano 1986. Este apoio continuo de máis de tres décadas converte á láctea galega nunha das marcas patrocinadoras máis lonxevas do baloncesto en España.

Xogadores, técnicos e empresa patrocinadora déronse cita no Pazo dos Deportes para realizar a súa foto de familia coa que presentaron a nova imaxe, Río Breogán, que acompañará ao club desde agora ao tramo final e decisivo da tempada.

Durante o acto, Carmen Lence destacou que esta imaxe renovada de Río de Galicia terá máis presenza, en consonancia co apoio decidido da compañía ao proxecto deportivo e social do Breogán.

RÍO BREOGÁN é desde xa a denominación do equipo celeste que loitará polos seus obxectivos nunha tempada cuxas circunstancias derivadas da crise sanitaria puxo a proba á sociedade a todos os niveis. Unha proba para o que a filosofía de «Actitude Río» encaixa á perfección.

Leite Río foi fundada por Jesús Lence a mediados dos anos 70. A historia da marca é unha historia de superación desde o primeiro día, cando o fundador, empresario ligado á historia do Breogán do que chegou a ser presidente, iniciou a actividade tras recibir uns camións de leite como pago dunha débeda. Lonxe de darse por vencido ante unha dificultade extrema, Jesús Lence puxo a primeira pedra do que hoxe en día é unha empresa líder no sector lácteo nacional. Unha historia de superación e esforzo que se narra nos propios envases dos produtos Río de Galicia, e resúmese na filosofía de «Actitude Río», da que o Breogán quere impregnarse e contaxiar á súa incansable afección.

Sobre Grupo Lence

Con sede en Lugo, Lence é un grupo familiar dedicado á alimentación desde 1975. Hoxe conta cun persoal de 160 persoas e 3 plantas de produción. É a sexta produtora de España en comercialización de leite UHT. Comercializa lácteos da máis alta calidade a través de Río de Galicia, Leyma Natura principalmente, marcas orientadas a fornecer aos seus clientes produtos e servizos coa mellor relación calidade/prezo do mercado, o que denomina como “a compra intelixente”.

Traballa con 450 granxas galegas e envasa só en Galicia. Conta co selo Galega 100% e Galicia Calidade ademais do selo Aenor de Benestar Animal.

O directorxeral do CB Breogán, Tito Díaz, entregou a Catrmen Lence en nome do club unha camiseta co dorsal 86, ano no que Leche Río comezou a patrocinar ao Breogán
O directorxeral do CB Breogán, Tito Díaz, entregou a Catrmen Lence en nome do club unha camiseta co dorsal 86, ano no que Leche Río comezou a patrocinar ao Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información