O Breogán agradece á Deputación de Lugo as facilidades para o uso do Pazo

Compartir con

A institución provincial adaptou a istalación ás novas necesidades derivadas da crise sanitaria

Ao longo destes días algúns xogadores que van formar parte do plantel do Leite Río Breogán na tempada 2020/21 desenvolven, pola súa conta e grazas ao espazo habilitado no Pazo pola Deputación, sesións de tiro gardando tódalas medidas de seguridade e prevención sanitarias. Ademais parte do cadro de persoal administrativo, en horario de media xornada, desenvolve a actividade do club á espera de ir ampliando o horario e á futura apertura á atención ao público nas dependencias do Pazo.

Desde o CB Breogán queremos agradecer á Deputación de Lugo as facilidades e o esforzo pola adaptación do Pazo á nova situación sanitaria, coa implantación de tódalas medidas de control e sinalización que permiten o seu uso coa maior seguridade e protección de tódolos usuarios.

O Breogán agradece á Deputación de Lugo as facilidades para o uso do Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información