O Breogán apoia a campaña de Caritas contra a trata

Compartir con

Os xogadores Ricardo Úriz e Salva Arco participaron na campaña de concienciación

O Breogán apoia a campaña de Caritas contra a trata

Caritas Diocesanas elaborou material audiovisuais de concienciación contra a trata de seres humanos. O Breogán non podía faltar no seu compromiso coas causas sociais en colaboración coa Deputación de Lugo. Ricardo Úriz e Salva Arco prestaron a súa imaxe para a campaña na que participarán diversos deportistas.

O compromiso da campaña é loitar contra a trata de nenos, procurando a súa integración e evitar o seu risco de exclusión social. Protexer a mulleres e homes para ser utilizados como escravos, dedicarse á mendicidade, a prostitución ou os traballos forzados, unha lacra que segue a existir no século XXI.

O Breogán apoia a campaña de Caritas contra a trata
O Breogán apoia a campaña de Caritas contra a trata

A actividade enmárcase dentro do programa de acción social promovido pola Deputación Provincial de Lugo.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información