O Breogán, coa Sociedade Protectora de Animais de Lugo

Compartir con

O partido do sábado 14 ante Cáceres dedicarase a divulgar o traballo en favor dos animais.

O Breogán, coa Sociedade Protectora de Animais de Lugo

A deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, e a presidenta da Sociedade Protectora de Animais de Lugo, Virgnioa Torrecilla, presentaron a iniciativa mediante a cal se dedicará o partido deste sábado 14 de xaneiro a difundir e apoiar as actividades da Sociedade Protectora de Lugo e que conta co apoio da Deputación Provincial, organismo que traballa tamén dende hai moitos anos, a favor da Protectora.

No partido voluntarios da Sociedade Protectora informarán sobre as actividades e contarán co apoio do CB Breogán. Haberá á venda calendarios solidarios e toda a información dispoñible sobre as actividades desta sociedade que acolle case que a 400 animais e traballa para o seu mantemento e procura activamente fogar para eles.

Desenvolveranse diversas iniciativas durante a tempada de apoio á Sociedade Protectora (visitas ás instalacións, divulgación, apadriñamento por parte do equipo, etc.)

Trala rolda de prensa coas comparecentes estivo o adestrador do Cafés Candelas Breogán, Natxo Lezkano, que compartiu con todos algo que non coñecíamos del: ten experiencia en adopción de animais e coñece perfectamente as  necesidades da sociedade protectora e a satisfacción que supón dar un fogar a un animal abandonado.

O Breogán, coa Sociedade Protectora de Animais de Lugo

Aos responsables da protectora acompañounos Hazaña, un precioso can que conquistou aos presentes, entre elas a Aaron Geramipoor que se topou con el na entrada do Pazo e amosaron boa química, propio de dous grandes con grande corazón.

Geramipoor fixo boas migas con Hazaña
Geramipoor fixo boas migas con Hazaña
O Breogán, coa Sociedade Protectora de Animais de Lugo
O Breogán, coa Sociedade Protectora de Animais de Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información