O Breogán colaborou nun taller de inclusión sociolaboral con Cruz Vermella e Deputación de Lugo

Compartir con

A pista do Pazo foi escenario este luns dun taller para axudar a persoas que procuran emprego a derribar condicionantes de desigualdade

Chegar dun país estranxeiro, ser muller de determinada etnia ou ter pasado por circunstancias persoais complicadas en determinadas etapas da vida seguen a ser obstáculos contra os que moitas persoas teñen que loitar para atopar un emprego. Cruz Vermella traballa nun ambicioso programa de integración no que traballa con empresas e persoas en procura de emprego para que atopen o seu lugar no mercado laboral e afastalas do risco de exclusión social.

Moitos deles participan en talleres nos que se fala da motivación, da importancia da marca persoas e a formación, e do traballo en equipo para que as persoas atopen ferramentas de desenvolvemento persoal que os leven a atopar un emprego.

Acompañados pola responsable da área de empresas, Yolanda Hernández, a Deputada de Emprego e Benestar Social, o xerente do Breogán Javier Morandeira, e os xogadores do Cafés candelas Breogán Lucio Redivo, Belemene e Úriz, viron unha serie de vídeos elaborados por Cruz Vermella, falaron da súa experiencia persoal -Redivo e Belemene relacionada con traxectorias que os levaron atraballar lonxe do seu país de orixe- e a convivencia de diferentes culturas e orixes dentro dun vestiario para formar un equipo cun obxectivo común. Os xogadores intercambiaron experiencias coa vintena de usuarios que asistiron ao taller.

O Breogán colaborou nun taller de inclusión sociolaboral con Cruz Vermella e Deputación de Lugo

Esta actividade súmase ás que o club dedicou durante os últimos días para axudar a dar visibilidade ás liñas de traballo de Cruz Vermella e contan co patrocinio da Deputación de Lugo.

O Breogán colaborou nun taller de inclusión sociolaboral con Cruz Vermella e Deputación de Lugo
O Breogán colaborou nun taller de inclusión sociolaboral con Cruz Vermella e Deputación de Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información