O Breogán, cos que teñen moito que contar

Compartir con

Gilling, Franch, Cabanas e Quique Fraga visitaron o centro de maiores Abeiro Gold

O Breogán, cos que teñen moito que contar

Recibimento de gala o que ofreceron os usuarios e persoal da residencia para maiores Abeiro Gold. No centro son fieis ás datas de celebración, incluido o entroido, e así llo fixeron saber aos membros do Cafés Candelas.

Na visita charlaron cos maiores, fixeron fotos e compartiron uns minutos moi agradables con todos, incluído por suposto co persoal do centro, entre os que hai moito afeccionado ao Breo, algo que non pasou desapercibido xa que moitos cambiaron o seu uniforme de traballo polo que utilizan habitualmente para animar ao equipo.

O Breogán, cos que teñen moito que contar

Esta actividade encádrase dentro das iniciativas impulsadas polo convenio de patrocinio de Deputación de Lugo.

O Breogán, cos que teñen moito que contar

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información