O Breogán estrea equipación para a aventura en Liga Endesa

O Breogán estrea equipación para a aventura en Liga Endesa

O equipo lucense xoga este martes en Sarria o seu primeiro partido de pretemporada coa nova imaxe

O Cafés Candelas Breogán renova o seu equipamento celeste para o novo curso 2018/2019. A marca cervexeira Estrela Galicia levará a imaxe frontal da camiseta que mantén a súa clásica cor azul celeste e nun segundo equipamento que recupera o negro.

Hummel é a marca que viste ao equipo por segunda tempada consecutiva, e no deseño, ademais dos logotipos de CB Breogán e Liga Endesa, aparecen as principais marcas patrocinadoras: Estrella Galicia no frontal da camiseta, Cafés Candelas na traseira da camiseta e frontal do pantalón, a imaxe de «Lugo Cambia» -lema de promoción turística da Provincia de Lugo- na parte posterior da camiseta, e ABANCA na traseira do pantalón.

Sobre o nome de cada un dos xogadores nas costas da equipación, mantense a bandeira de Galicia que o club loce tradicionalmente.

O Breogán estrea equipación para a aventura en Liga Endesa

Este martes 4 de setembro ás 20:00 horas na localidade lucense de Sarria, o Cafés Candeas Breogán xogará o seu primeiro partido de pretemporada ante o equipo arxentino Obras Sanitarias e onde se poderá ver en acción, por primeira vez, ao equipo celeste coa súa nova imaxe.

Pedro Gay, Delegado de Estrella Galicia en Lugo, coñeceu as equipacións co Presidente do Breogán, Jesús Lázare, e o equipo ao completo
Pedro Gay, Delegado de Estrella Galicia en Lugo, coñeceu as equipacións co Presidente do Breogán, Jesús Lázare, e o equipo ao completo
O Breogán estrea equipación para a aventura en Liga Endesa

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información