O Breogán medra no apartado de análise estatístico

Compartir con

O club incorpora como colaborador en estatística avanzada a Edgar Paz, especialista nesta faceta

Coa intención de seguir medrando estruturalmente en tódolos ámbitos e de continuar na procura de ferramentas óptimas para o desenvolvemento da tempada, anunciamos o inicio da colaboración de Edgar Paz co Cafés Candeas Breogán. Complementará a análise estatística avanzada que realiza o corpo técnico, dando soporte a este último de maneira detallada nun dos ámbitos que hoxe  en día máis se demandan.

Edgar Paz é un estudoso do baloncesto a varios niveis e especializado no análise estatístico e do xogo. Colaborador dende hai anos con diversos medios de comunicación na análise de partidos, aportará os seus coñecementos ao club lucense.

Benvido!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información