O Breogán terá un local no céntrico barrio lucense de A Tinería

Compartir con

O club recibiu de mans da alcaldesa as chaves para comezar a reforma e adaptación dun local que levará ao Breogán a un dos barrios históricos da cidade

O club optou a un dos locais que o Concello de Lugo puxo a disposición de empresas que presentaron un proxecto de explotación nun barrio histórico chamado a ser no futuro un dos centros de atracción en Lugo.

O CB Breogán presentou un proxecto para achegar aos cidadáns as súas actividades comerciais, sociais e de difusión dos valores históricos e deportivos dun club moi arraigado en Lugo.

Xa coas chaves na man, recollidas polo director Xeral Javier Morandeira de mans da alcaldesa Lara Méndez, o club traballa xa para facer a reforma nun prazo o máis curto posible e abrir as portas dun novo Espazo no centro da cidade.

O local abrirase nos vindeiros meses na Rúa do Miño.

O Breogán terá un local no céntrico barrio lucense de A Tinería

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información