O Breogán visita as instalacións do patrocinador Leite Río

Compartir con

O Breogán visita as instalacións do patrocinador Leite Río

O equipo, consello de administración, corpo técnico e empregados coñeceron o proceso que leva o leite desde a recollida ata que chega ao consumidor

O Breogán visita as instalacións do patrocinador Leite Río

Leche Río, ademais de ser o principal patrocinador do equipo lucense, é un dos patrocinadores históricos e non só do baloncesto. A identificación do Breogán coa marca láctea é total desde hai moitos anos, cando o fundador de Leite Río, o recentemente falecido Jesús Lence, deu o paso de patrocinar o Breo xa desde os anos 80, dando durante varias etapas o nome ao equipo como na actualidade, e converténdose nunha das marcas que axudaron a que o Breogán sexa hoxe un club con máis de medio século de historia. Hoxe, os administradores da empresa continúan co importante legado empresarial e seguen apostando polo deporte en xeral e en particular polo baloncesto e o Breogán.

O Breogán visita as instalacións do patrocinador Leite Río

O equipo tivo a oportunidade de coñecer unha das factorías de Leite Río, a situada no polígono industrial do Ceao en Lugo. Os propios administradores da empresa, entre os que se atopan Carmen Lence, conselleira do CB Breogán, ou Jesús García, outro dos responsables da mesma, foron anfitrións de luxo para coñecer as instalacións.

O Breogán visita as instalacións do patrocinador Leite Río
O Breogán visita as instalacións do patrocinador Leite Río

A mañá finalizou cunha comida no restaurante Rodicio Express na que o presidente do Breogán, José Antonio Caneda, e o capitán, Salva Arco, en nome de todo o club, entregaron a Carmen Lence unha camiseta asinada polo equipo cun importante valor simbólico, xa que é a que se colocou no centro da pista durante o descanso do partido entre o CB Breogán e o FC Barcelona da pasada tempada, só uns días despois da morte de D. Jesús Lence, quen fora tamén presidente da entidade celeste, e a modo de agradecemento pola súa contribución á historia do noso club.

O Breogán visita as instalacións do patrocinador Leite Río
O Breogán visita as instalacións do patrocinador Leite Río
O Breogán visita as instalacións do patrocinador Leite Río

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información