O Cafés Candelas acusou as numerosas baixas ante un acertado Peñas Huesca

Primeira derrota celeste na tempada (87-76)

Un Levitec Huesca moi acertado, especialmente no tiro exterior (13/25 -52% en triplas) freou a racha histórica de vitorias do Breogán. Tras once trunfos consecutivos, a paupérrima situación física coa que chegaba ao partido facía temer o que feinalmente aconteceu. Sulejmanovic, Löfberg e Fuzaro non estiveron no partido, e homes como Demetrio ou Salva Arco chegaron moi debilitados por un virus que afectou a grande parte do plantel e do  que non libraron nin parte dos técnicos.

A pesar de todo os celestes plantaron cara en Huesca e litaron con orgullo nun partido no que mantiveron opción ata que o baixón físico facilitaba, nos minutos finais, que os  locais levaran o partido con solvencia. 

O Cafés Candelas acusou as numerosas baixas ante un acertado Peñas Huesca

Matt Stainbrook, con 21 puntos e 15 rebotes (32 de valoración) foi o mellor do partido aínda que hai que destacar o esforzo de todo o equipo dadas as circunstancias coas que afrontaron o partido.

O equipo celeste pensa xa na recuperación dos enfermos e no próximo compromiso, tamén lonxe do Pazo.  Será en Vitoria ante o Araberri o vindeiro domingo día 10 ás 18:00 horas

Foto: Peñas Huesca
Foto: Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca
Foto Peñas Huesca

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información