O Cafés Candelas agarda recuperar efectivos de cara á liga

Compartir con

Tramo final dunha pretempada con moitos problemas de lesións

O equipo celeste pensa xa na liga e na estrea no Pazo o vindeiro domingo día 30 de setembro ante Divina Joventut.

Antes, cita co Montakit Fuenlabrada tamén no Pazo nun amigable este domingo 23 ás 11:15 horas.

Pouco a pouco parece que a enfermería poderá ir alixeirando a carga de traballo. Tanto o equipo médico como os fisioterapeutas, preparador físico e resto do corpo técnico traballan sen tregua para acurtar os prazos de recuperación dos lesionados.

A día de hoxe a situación do equipo é a seguinte:

Henk Norel pasará por quirófano para ser sometido a unha artroscopia de xeonllo e dependendo da súa evolución estímase un prazo de tres meses para que volva ás canchas.

Ricardo Úriz está a ser sometido a un tratamento para recuperarse dunha inflamación de xeonllo e, dependendo da a súa evolución nos próximos días, é dúbida para a primeira xornada de liga.

Salva Arco prosigue coa recuperación do problema de ligamento e probablemente non chegue ao primeiro partido de liga. Apúrase a recuperación para que poida vestir de curto durante as primeiras xornadas.

Sulejmanovic volveu dos compromisos coa selección con molestias nun xeonllo. Unha sobrecarga que o descarta para o amigable do domingo á espera de que poida chegar en boas condicións ao primeiro partido de liga.

Sergi Vidal sufre unha sobrecarga nos adutores e é dúbida para o amigable do domingo e agárdase que chegue en boas condición para a primeira xornada.

Redivo evoluciona favorablemente das súas molestias de adutores e vaise incorporando progresivamente ao traballo co equipo e complementando a súa recuperación con traballo específico. O xogador xa xogou uns minutos en Palencia.

Kinsey evoluciona favorablemente dunha distensión de adutores e por precaución probablemente non participe no amigable e búscase que poida participar no inicio de liga.

Cvetkovic sufriu unha escordadura de nocello no amigable de Palencia. A lesión no reviste importancia pero é dúbida para o amigable.

Brown: Xa moi recuperado da escordadura que sufriu no amigable de Sarria, o equpo técnico decidiu ircorporalo pouco a pouco ao traballo e este mesma semana participou en parte das sesións. Podería xogar minutos no amigable, pero como no resto dos casos o equipo médico e técnico aferrarase á máxima precaución pensando no inicio de liga.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información