O Cafés Candelas Breogán buscará a oitava en Palencia

Duro reto para os celestes que procuran manterse invictos

O calendario enfila os portos de montaña nesta primeira volta. Palencia e Manresa, os vindeiros rivais. Dous equipos feitos para loitar por todo e que porán a proba ao Cafés Candelas máis entoado das últimas campañas.

Este venres o partido será ás 21:00 horas nunha cancha non habitual  (non será o céntrico polideportivo Marta Domínguez o que acolla o partido),  será na localidade próxima a Palencia de Villamuriel del Cerrato no Polideportivo Provincial Padre Aldolfo Nicolás.

O Chocolates Trapa Palencia conta cun plantel con homes de calidade como o capitán Urko Otegui, dende 2012 nas filas palentinas cunha breve incursión no Guipuzkoa Básquet no final de liga en 2016,  un referente nun conxunto que tamén destacan homes  como Cvetinovic, Pressley ou Ruffin e xogadores experimentados como Lamont Barnes,  Sergi Pino ou Jordi Grimau.

O Cafés Candelas Breogán buscará a oitava en Palencia

Un equipo dirixido por Joaquín Prado que non comezou con regularidade a presente campaña e que presenta un balance de catro derrotas, coas que comezaron, e tres vitorias que encadean na actualidade, polo que demostran franco crecemento e está chamado a ocupar postos de privilexio na presente edición de LEB Oro.

O Cafés Candelas tratará de sumar o oitavo trunfo consecutivo e superar os problemas físicos que lastraron a semana de preparación.

O equipo celeste non estará so e haberá representación da Marea Celeste na grada do polideportivo de Villamuriel del Cerrato.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información