O Cafés Candelas Breogán, de visita no CEIP Manuel Mallo

Compartir con

O Cafés Candelas Breogán, de visita no CEIP Manuel Mallo

Grande recibimento no centro escolar de Nadela

Os nenos e nenas do centro Manuel Mallo Mallo recibiron unha visita moi especial por parte de membros do Cafés Candelas Breogán. Os xogadores Emir Sulejmanovic e Christian Díaz coñeceron o centro e deron resposta a tódalas curiosidades dos alumnos. Moitos deles demostraron ser afeccionados do Breo xa que non se libraron de contar a súa experiencia no club o Director Deportivo, Quique Fraga e Pepe Baamonde, que encarna a Pepe Bazoka de nos descansos dos partidos do Pazo.

O Cafés Candelas Breogán, de visita no CEIP Manuel Mallo

Os visitantes coñeceron a mascota do centro «Tintileo» que recibiu aos visitantes vestido para a ocasión coa camisola do Breo.

Unha mañá divertida para todos que rematou con fotos, autógrafos e coa invitación a tódolos alumnos a asistir a un partido do Breo no Pazo.

Desde o CB Breogán agradecemos ao alumnado, profesorado e dirección do centro Manuel Mallo a acollida e recibimento.

Esta actividade encádrase dentro do programa de patrocinio da Deputación Provincial de Lugo co CB Breogán que contempla a difusión dos valores do deporte entre os máis novos.

A VISITA NO BLOG DO CEIP MANUEL MALLO

O Cafés Candelas Breogán, de visita no CEIP Manuel Mallo
O Cafés Candelas Breogán, de visita no CEIP Manuel Mallo
O Cafés Candelas Breogán, de visita no CEIP Manuel Mallo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información