O Cafés Candelas Breogán e a Marea Celeste vencen en Oviedo (75-87)

Partido espectacular o vivido en Pumarín onde o Breo acadou a 15ª vitoria da tempada

O Cafés Candelas Breogán e a Marea Celeste vencen en Oviedo (75-87)

O equipo celeste contou unha vez máis co apoioda súa afección que se desprazou en masa dentro das limitacións de aforo e de número de entradas disponibles, e deixouse sentir en Pumarín.

Partido moi igualado ante un bo equipo como é o Unión Financiera nunca cancha complicada.

O primeiro cuarto xa daba unha mostrad o que o partido podía ofrecer: máxima igualdade sobre o parqué asturiano (22-23).

O segundo cuarto desenvolveuse de xeito moi parecido e chegábase ao descanso cun 38-39 no electrónico.

Os locais saían do vestiario moi entoado sen ataque e acadaban unha vantaxe importante que poñía sos celestes contra as cordas ao mesmo tempo que homes importantes como Stainbrook se cargaban de faltas. Pero foi o momento para que Salva Arco, Rubio e Löfberg colleran o pulso do encontro e anotaran para equilibrar o partido e  lograr coller vantaxe  ao remate do terceiro cuarto (58-62).

No último cuarto o  dominio celeste foi a tónica dominante e o Cafés Candelas, liderado por un gran Salva Arco, amarrou unha vitoria importante (75-87).

O apoio dende a grada foi incesante e o equipo agradeceu a entrega á Marea Celeste .

Partido con moito oficio para o equipo celeste que suma así a súa vitoria número 15 en 17 xornadas, manténdose sólido no liderado da LEB Oro.

 

O Cafés Candelas Breogán e a Marea Celeste vencen en Oviedo (75-87)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información