O Cafés Candelas Breogán, en pretempada

Compartir con

O equipo xa traballa para preparar o novo curso. As primeiras sesión, con moita carga física, alternan ximnasio e pista

Natxo Lezkano conta co seu corpo técnico formado polo segundo adestrador Quique Fraga, o novo axudante Pablo Abuín (o pasado curso no Cambados de LEB Plata), o preparador físico José Manuel Miragaya, o fisioterapeuta Jaime Capellá e o delegado Francisco de Andrés.

Salva Arco, Sergi Quintela, Matt Stainbrook, Ricardo Úriz, Christian Díaz, Johan Lofberg e Guillem Rubio forman a lista de xogadores que  se incrementará nos vindeiros días, e colaboran nas sesión de pretempada Fede Ucles e varios xogadores do equipo EBA do Estudiantes Lugo.

O Cafés Candelas Breogán, en pretempada

Esta primeira semana de adestramentos rematará con dobre sesión o xoves e unha única sesión o venres tarde e outra o sábado pola mañá, antes de emprender a segunda semana de traballo.

O club traballa para pechar datas de partidos de pretempada. Sí está confirmada a data do día 1 de setembro no Pazo ante o FC Barcelona Lassa de ACB.

Nas próximas horas confirmaranse horarios, entradas etc. para este primeiro compromiso de pretempada, así como as tarifas de abono para o novo curso baloncestístico 2017/2018.

O Cafés Candelas Breogán, en pretempada
O Cafés Candelas Breogán, en pretempada

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información