O Cafés Candelas Breogán ficha ao estadounidense Elijah Millsap

Compartir con

O xogador, un aleiro de 1,98m. e 31 anos incorporarase nas vindeiras horas ao traballo co equipo

Elijah Millsap é un aleiro estadounidense que desataca pola súa versatilidade, fortaleza física e capacidade reboteadora. É un xogador completo que pode achegar moitas cousas ao Cafés Candelas Breogán, en parcelas como o rebote ou a anotación.

Millsap naceu en Grambling, Lusiana, o 12 de agosto de 1987 e formouse nas universidades de Lousiana- Lafayette onde foi novato do ano (10,7 puntos, 6,2 rebotes e 1,2 asistencias) e na Universidade de Alabama Birmingham onde formou parte do mellor quinteto de ÚSA Conference.

Como profesional ten unha experiencia nas ligas de desenvolvemento ( Tulsa 66 ers, A D- Fenders, antes do seu paso por Asia (China e Filipinas) e Israel (Maccabi Tel Aviv e Maccabi Ashdod) e períodos que alternan paso por equipos de D League con experiencias en NBA (Philalelphia - Summer League-, Bucks e Jazz).

O Cafés Candelas Breogán ficha ao estadounidense Elijah Millsap

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información