Chega ao Breogán un xogador versátil e con capacidade de anotación con experiencia en grandes ligas europeas
Tadija Dragićević (Čačak, Moravica, Serbia 28 de xaneiro de 1986) é un xogador de 2,06 m. que destaca pola súa versatilidade podendo ocupar varias posicións tanto preto do aro como abertas, e posúe capacidade de anotación dende diversas distancias.
Procedente do Yeşilgiresun Belediye da liga turca, Dragicevic ten unha ampla experiencia en Europa dende a súa etapa de formación no Estrella Roja e xa como profesional xogando Liga Adriática e Liga Serbia. En 2008 foi elixido no posto 53 do Draft NBA polos Jazz aínda que non chegou a xogar na liga norteamericana.
Posteriormente xogou en varios equipos con participación en competición europea (EuroCup e Euroliga) Lottomatica Roma (2010), ALBA Berlin (2010-2011), Angelico Biella (2011-2012), BC Azovmash (2012-2013), Anadolu Efes S.K. (2013), Strasbourg IG (2014-2015), KK Budućnost Podgorica (2015- 2016), Aris Salónica BC (2016-2017) e en Turquía no mencionado Yeşilgiresun Belediye.


