O Cafés Candelas Breogán incorpora ao exterior Tarence Kinsey

O Cafés Candelas Breogán incorpora ao exterior Tarence Kinsey

O experimentado aleiro de 2,00 m. con pasado NBA e Euroliga, procede do Hapoel Jerusalén onde foi campión de liga en 2017

Tarence Kinsey é un experimentado xogador que pode alternar os postos de escolta e aleiro. Con capacidade de anotación e ameaza constante en ataque, posúe un bo lanzamento exterior e domina o xogo de pick&roll.

O Cafés Candelas Breogán incorpora ao exterior Tarence Kinsey
O Cafés Candelas Breogán incorpora ao exterior Tarence Kinsey

Kinsey (Tampa, Florida 21/03/1984) formouse na universidade de South Carolina antes de comezar a súa experiencia profesional en NBA nas filas de Menphis GriZzlies. En Europa militou en equipos de primera liña continental como Fenerbache, Anadou Efes, Scavolini, Partizan ou Estrella Roja de Belgrado, cunha breve experiencia en Liga Endesa con Unicaja Málaga en 2013.

O novo xogador do Cafés Candelas Breogán xogou as dúas últimas tempadas no Hapoel Jerusalem onde foi campión de liga en 2017 e promediou 12 puntos por encontro no pasado curso.

Tarence Kinsey chega para aportar experiencia e calidade ao Cafés Candelas.

TRAXECTORIA:

High School. Thomas Jefferson (Florida, Estados Unidos).

2002-03. South Carolina (Estados Unidos). NCAA.

2003-04. South Carolina (Estados Unidos). NCAA.

2004-05. South Carolina (Estados Unidos). NCAA.

2005-06. South Carolina (Estados Unidos). NCAA.

2006-07. Memphis Grizzlies (Estados Unidos). NBA.

2007-08. Memphis Grizzlies (Estados Unidos). NBA.

Ene. 2008. Fenerbahçe Ülker (Turquía). TBL e Euroliga.

2008-09. Cleveland Cavaliers. .

2009-10. Fenerbahçe Ülker (Turquía). TBL e Euroliga.

2010-11. Fenerbahçe Ülker (Turquía). TBL e Euroliga.

2011-12. Anadolu Efes (Turquía). TBL e Euroliga.

2012-13. Golden State Warriors (Estados Unidos). NBA. Pretempada

Dic. 2012. Scavolini Pesaro (Italia). Lega.

2012-13. Unicaja. Liga Endesa e Euroliga.

2013-14. Partizan

2014-15. BC Nizhni Nóvgorod 

2015 Trabzonspor Basketbol

2016.. Estrella Roja de Belgrado

2016 -18. Hapoel Jerusalem B.C.

O Cafés Candelas Breogán incorpora ao exterior Tarence Kinsey
O Cafés Candelas Breogán incorpora ao exterior Tarence Kinsey

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información