O Cafés Candelas Breogán incorpora ao pívot Alec Brown

O Cafés Candelas Breogán incorpora ao pívot Alec Brown

O xogador norteamericano de 2,16 m e 26 anos procede do Estudiantes de Liga Endesa

O equipo lucense completa o xogo interior para a nova tempada en ACB cun xogador con experiencia na categoría.

Brown, formado na universidade de Wisconsin – Green Bay (NCAA) onde no seu periplo deixou cifras récord situándose como un dos máximos anotadores históricos (1.678 puntos) e un dos mellores reboteadores da coñecida como Horizon League NCAA.

Tralo paso pola universidade foi elixido en segunda rolda de Draft NBA disputando a liga de verán cos Phoenix Suns, e dende onde pasou a xogar na NBA D-League, ata a chegada a Liga endesa da man do Obradoiro na tempada 2015-16.

Tras regresar á D-League cos Windy City Bulls, en abril de 2017 recala no Movistar Estudiantes de Liga Endesa onde renova para disputar a tempada 2017-18.

Na pasada campaña promediou co Estudiantes 11 puntos e 5 rebotes e 1 tapón por partido en 21 minutos.

Alec Brown é un xogador rápido que corre moi ben a cancha a pesares da súa grande envergadura, con capacidade de intimidación  e moi bo lanzamento exterior.

TRAXECTORIA:

High School. Winona (Minnesota, EE.UU.).

2010-11. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA.

2011-12. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA.

2012-13. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA.

2013-14. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA.

2014-15. Bakersfield Jam (Estados Unidos). D-League. Chega en febreiro

2015-16. Rio Natura Monbus Obradoiro. Liga Endesa e Copa do Rey.

2016-17. Windy City Bulls (Estados Unidos). D-League.

Abr. 2017. Movistar Estudiantes. Liga Endesa.

2017-18. Movistar Estudiantes. Liga Endesa e Basketball Champions League.

 

PALMARÉS:

2017. Estados Unidos. FIBA AmeriCup, en Montevideo (Uruguay) e Córdoba (Argentina). Oro

2010-11. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA. Mellor quinteto rookie de la Horizon League

2011-12. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA. Mellor quinteto de la Horizon League

2012-13. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA. Mellor quinteto defensivo de la Horizon League

2012-13. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA. Segundo quinteto da Horizon League

2013-14. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA. Mellor quinteto defensivo de la Horizon League

2013-14. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA. Mellor defensor de la Horizon League

2013-14. Wisconsin-Green Bay (Estados Unidos). NCAA. Mellor quinteto de la Horizon League

2014. Elixido en el número 50 del Draft NBA por los Phoenix Suns

Jul. 2014. Disputa  Summer League de Las Vegas con Phoenix Suns

Jul. 2015. Disputa  Summer League de Las Vegas con Phoenix Suns

Jul. 2016. Disputa  Summer League de Las Vegas con Phoenix Suns

Jul. 2017. Disputa  Summer League de Las Vegas con Los Angeles Lakers

 

O Cafés Candelas Breogán incorpora ao pívot Alec Brown
O Cafés Candelas Breogán incorpora ao pívot Alec Brown

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información