O Cafés Candelas Breogán incorpora ao xove xogador Herve Kabasele

O internacional congoleño, nado en 1996, de 2,08 m. chega ao Breo tras unha destacada actuación no Afrobasket

O Cafés Candelas Breogán incorpora ao xove xogador Herve Kabasele

Fichaxe de futuro para o Cafés Candelas. Herve Kabasele Kasonga é un pívot  de 2,08 m. e que chega tras promediar 14,8 puntos e 6,5 rebotes en 4 partidos coa súa selección na fase final do torneo continental co combinado da República Democrática do Congo.

Herve Kabasele é un xogador físico e intimidador capaz de rematar en mate moitos dos seus ataques e con bo lanzamento de media distancia, e que conta cunha importante proxección dada a evolución no seu xogo –física e técnica- na que se atopa inmerso. 

O club traballa en que o xogador chegue a Lugo nas vindeiras semanas tras superar os trámites diplomáticos pertinentes.

O Cafés Candelas Breogán incorpora ao xove xogador Herve Kabasele
O Cafés Candelas Breogán incorpora ao xove xogador Herve Kabasele

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información