O Cafés Candelas Breogán – Kirolbet Baskonia, dedicado a difundir a labor de ALCER

Compartir con

Unha asociación que traballa con doenzas renais que afectan a 30.00 persoas na provincia de Lugo

- O equipo celeste porá en marcha unha campaña de sensibilización, enmarcada no contrato de patrocinio co Executivo Provincial, para dar a coñecer e poñer en valor o traballo de ALCER Lugo, asociación coa que colabora a Deputación con 5.000 euros

- López Izquierdo avanzou que “Deputación e Breogán volvemos a poñer en valor o traballo dunha asociación luguesa, nun partido que contará cun gran seguimento, pois o Breo enfróntase a un dos equipos máis destacados da categoría”

- A Deputada lembrou que “actualmente na provincia de Lugo están afectadas por algún tipo de insuficiencia renal máis de 30.000 persoas, o que supón o 10% da poboación. Estes datos poñen de manifesto a necesidade de investir na prevención desta doenza”

- ALCER constituíuse en Lugo en 1981 e presta servizos e apoio as persoas con enfermidades de ril, en especial a Insuficiencia Renal Crónica

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, xunto á Presidenta de ALCER Lugo, María José Otero Díaz, e o Director Deportivo do Breogán, Enrique Fernández Fraga, presentaron este luns a campaña de sensibilización que o equipo celeste levará a cabo no vindeiro partido no Pazo dos Deportes, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado co Executivo Provincial. O CB Breogán dedicará o próximo encontro da Liga ACB, o domingo ás 17:00 horas ante o Baskonia, a dar visibilidade ás enfermidades do ril e a poñer en valor o traballo da asociación lucense ALCER.

López Izquierdo avanzou que “Deputación e Breogán volvemos a poñer en valor o traballo dunha asociación luguesa, nun partido que contará cun gran seguimento, pois o Breo enfróntase a un dos equipos máis destacados da categoría. Neste caso quixemos dar visibilidade e poñer de manifesto o traballo de ALCER, unha asociación que na actualidade conta con preto de 400 socios”.

Máis colaboracións do Executivo Provincial con ALCER

O Goberno da Deputación colabora con ALCER Lugo cunha achega anual de 5.000 euros para contribuír coa labor que presta esta asociación na provincia. Neste senso, a Deputada lembrou que “actualmente na provincia de Lugo están afectadas por algún tipo de insuficiencia renal máis de 30.000 persoas, o que supón o 10% da poboación lucense. Con estes datos, dende as administracións públicas temos que traballar da man e investir máis en investigación, prevención e concienciación, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.

ALCER constituíuse en Lugo en 1981 e presta servizos e apoio as persoas con enfermidades de ril, en especial a Insuficiencia Renal Crónica. No seu traballo de concienciación pon especial énfase na importancia do coidado como parte da prevención de enfermidades renais, asesorando sobre hábitos de vida e alimentación saudábeis.

Fonte: Deputación de Lugo

O Cafés Candelas Breogán – Kirolbet Baskonia, dedicado a difundir a labor de ALCER

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información