O Cafés Candelas Breogán namora ao Pazo

Compartir con

O equipo celeste superou ao Palma cunha exhibición de xogo colectivo (88-62)

O Cafés Candelas Breogán namora ao Pazo

Superioridade de principio a fin do Cafés Candelas baseándose nunha defensa férrea en un ataque que acadou a suficiente fluidez como para manter o partido controlado en todo momento ante un rival que chegaba en bo momento ao Pazo. Pero os celestes frearon o potencial ofensivo balear paralizando a homes como Biviá cun traballo espectacular en defensa de homes como Huertas. Os locais foron medrando durante todo o partido coa excepción dun derradeiro cuarto mías equilibrado, pero xa co Palma sen capacidade de reacción.

O Pazo volveu a amosar un aspecto espectacular con moitos minutos gozando dun baloncesto de moitos quilates por parte dos celestes.

Despediu así o Cafés Candelas a liga regular como local e afronta tres citas definitivas en Vitoria ante o Araberri, en Barcelona e en Ourense. É momento, máis que nunca, de pensar no «partido a partido».

O Cafés Candelas Breogán namora ao Pazo
O Cafés Candelas Breogán namora ao Pazo
O Cafés Candelas Breogán namora ao Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información